miércoles, 14 de enero de 2009


Henrique Macías Cambra (Vigo – 1970)


Funcionario da Universidade de Vigo
Presidente da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello

Desde novembro 2005 Henrique é un os líder veciñal máis novo da cidade, algo que nada ten que ver coa súa dilatada experiencia e compromiso social.

Colabora co movemento veciñal dende hai 8 anos. Nos seus comezos era un alumno máis que acudía aos cursos e actividades que organizaba asociación pero o seu grado de compromiso e participación van medrando conforme coñece á súa veciñanza e afonda na vida e problemáticas do barrio. É o agarimo hacia esta Zona Vella e as súas xentes o que o impulsan a propoñer a súa candidatura como presidente.

Henrique é a sabia nova dun equipo que desde a Asociación Veciñal traballa sen descanso pola defensa do Barrio Histórico, para frear a súa degradación e mellorar a calidade de vida súa veciñanza. A loita contra os ruídos, vandalismo, a limpeza e a accesibilidade son algunhas das actuacións dunha Asociación que a pesares da súa humildade busca sempre a defensa do Casco histórico tanto dende o punto de vista veciñal e social como do cultural e dinamizador. Nesta liña é de salientar o importantísimo avance que supón o convenio asinado recentemente co Consorcio do Casco Vello para poñer en marcha o proxecto de Coidadores de Barrio no Casco Vello de Vigo.

Eventos de referencia


Nestes anos a Asociación ten sido quen de consolidar numerosas festas que aglutinan á veciñanza do barrio e de toda cidade; referentes no calendario anual de celebracións; eventos que fan que a cidadanía se implique e que están a recuperar a zona vella como punto de encontro para a cidade, tal son a Festa da Reconquista, Festa dos Maios, Festa da Noite Meiga en San Xoán e a Mostra Gastronómica e de Artesanía nas Festas de Verán de Vigo.


Recuperando as tradicións esquecidas


Do mesmo xeito o equipo dirixido por Henrique ten recuperado e posto en valor unha serie de tradicións como: Festa do Samaín ou dos calacús, recuperación da figura perdida do "Merdeiro" no entroido vigués xunto a Asociación Cultural A Revolta, Recuperación dos Cantos e danzas de Reis en Vigo cun obradoiro e saída durante o Nadal e a recuperación da Danza de San Roque que se baila na Romaría da Carballeira de San Roque.

Incesante actividade


Henrique participa en todos aqueles foros nos que poda servir de axuda; é Membro electo da Xunta de Persoal da Universidade de Vigo, Membro electo do Claustro da Universidade de Vigo e Membro da directiva da Plataforma pola defensa da Ría de Vigo. Logo de todo, aínda lle queda tempo para participar da Comparsa "Os Tarteiras" do Casco Vello de Vigo (Comparsa decana), acudir ás clases de baile tradicional galego de María Prego, tocar no "Colectivo de música Tradicional Malmequer" ou administrar o portal de información de referencia en Cultura Tradicional "Malmequer": www.blogoteca.com/malmequer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario